Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (476/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 476/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Melina Lorenzo Couto contra a administración concursal de Imaxen Dous Peluquerías, S.L., Imaxen Dous Peluquerías, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 134/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 476/2015.

Demandante: Melina Lorenzo Couto.

Letrado: Sr. Pérez López

Demandada: Imaxen Dous Peluquerías, S.L.

Letrado:

– Administración concursal de Imaxen Dous Peluquerías, S.L.: comparece a administradora Sra. Pedreira Ferreño.

Fogasa

Letrado:

Sentenza 134/2016

A Coruña, 6 de abril de 2016

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Melina Lorenzo Couto contra a empresa Imaxen Dous Peluquerías, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 10.991,68 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 26,99 euros/día.

3º. O Fogasa e administración concursal da demandada deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Imaxen Dous Peluquerías, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza