Con data do 5 de abril de 2016, os concellos de Ponte Caldelas e de Marín, de acordo co previsto no artigo 6.3 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, formalizaron un acordo de colaboración para a autorización de comisións de servizo de carácter voluntario por parte de funcionarios da policía local da escala básica, categoría de policía, do Concello de Marín no Concello de Ponte Caldelas, de acordo coa normativa vixente en cada momento.
Ponte Caldelas, 14 de abril de 2016
Andrés Díaz Sobral
Alcalde