Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 17005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de abril de 2016 pola que se notifica a execución subsidiaria da orde de demolición no expediente 107B 2009/9-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario descoñecido.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de xaneiro de 2016, resolución pola que dispón a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria por conta de Eduardo da Costa Oliveira e os seus habentes causa, da Resolución de 5 de novembro de 2009, que ordenou a Eduardo da Costa Oliveira a demolición das obras de construción dun local para mesón-cíber-pub, no lugar de Aceredo Novo, no termo municipal de Lobios, provincia de Ourense.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución ao interesado, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística