Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión de esbozo do expediente 137/78 e seis máis.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 29 de marzo de 2016 figuran os seguintes acordos:

Monte dos Mazos (expediente 137/78), pertencente aos veciños do lugar dos Mazos da parroquia de San Martiño de Neira de Rei, do concello de Baralla, clasificado polo xurado con data do 17 de decembro de 1979. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con do data 3 de xullo de 2015, tivo entrada un escrito presentado por José Neira Celeiro, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 8 de marzo de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte dos Mazos, co que o monte queda cunha superficie de 150,69 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Carboeiro (expediente 26/76), pertencente aos veciños dos lugares de Casas do Monte, Macedo e Pardellas, da parroquia de Condes, do concello de Friol, clasificado polo xurado con data do 29 de abril de 1977, e monte de Condes (expediente 74/78), pertencente aos veciños da parroquia de Condes, do concello de Friol, clasificado polo xurado con data do 19 de outubro de 1979. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 17 de abril de 2015, tivo entrada un escrito presentado por José Fernández Cabado, como presidente da xunta reitora do monte Carboeiro (complementado con outro posterior do 14 de decembro de 2015 no cal xunta documentación), no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega, de xeito que o monte coñecido como Lobengos, indebidamente clasificado para a comunidade de Condes, pase á pertenza da comunidade de Casas do Monte, Macedo e Pardellas, considerando a existencia dun erro na clasificación. Presentan copia cotexada de acta da comunidade de Condes, celebrada o 29 de marzo de 2015, onde recoñecen que o monte Lobengos pertence á comunidade de Casas do Monte, Macedo e Pardellas. Con data do 21 de xaneiro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para os montes Carboeiro e Condes, constatando a existencia dun erro que pode ser rectificado con base no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na clasificación da parte do monte coñecida como Lobengos, que debería ter sido clasificado a nome dos veciños de Casas do Monte, Macedo e Pardellas, que o aproveitaron historicamente, como o demostra, entre outros aspectos, o feito de que parte deste monte está baixo xestión pública conveniado con esta comunidade. Como consecuencia desta revisión, o monte Carboeiro queda cunha superficie de 192,28 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía, e o monte de Condes cunha superficie de 77,55 hectáreas. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Ferreira (expediente 147/75), pertencente aos veciños dos lugares de Ferreira, Matei e Cal, da parroquia de Ferreira de Pallares, do concello de Guntín, clasificado polo Xurado con data do 14 de decembro de 1976. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 1 de xullo de 2015, tivo entrada un escrito presentado por Adelino Gay Rodríguez, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 8 de marzo de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Ferreira, co que o monte queda cunha superficie de 113,17 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte do Alto (expediente 41/80), pertencente aos veciños da parroquia de San Xoán do Alto, do concello de Lugo, clasificado polo Xurado con data do 12 de xullo de 1982. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 2 de decembro de 2014, tivo entrada un escrito presentado por Óscar Yáñez Tella, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 27 de xaneiro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte do Alto, co que o monte queda cunha superficie de 59,4 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Sabadelle (expediente 44/76), pertencente aos veciños da parroquia de Sabadelle, do concello de Portomarín, clasificado polo Xurado con data do 28 de novembro de 1977. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 10 de abril de 2015, tivo entrada un escrito presentado por Manuela Alicia Canto Rodríguez, como presidenta da xunta reitora do monte, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data 22 de decembro de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Sabadelle, co que o monte queda cunha superficie de 241,75 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Doade (expediente 120/79), pertencente aos veciños da parroquia de Doade, do concello de Sober, clasificado polo Xurado con data do 1 de decembro de 1980. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 9 de xuño de 2015 tivo entrada un escrito presentado por José Manuel Rodríguez González, como presidente da xunta reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 10 de febreiro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Doade, co que o monte queda cunha superficie de 536,17 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícanse os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 18 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo