Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos do Pino e Touro (expediente IN407A 2016/145-1).

Expediente: IN407A 2016/145-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Denominación: LMT aérea SC 20 kV de Vilachá a derivada CT Tarrío.

Concellos: O Pino e Touro.

Características técnicas:

Cambio de condutor da liña aérea de media tensión 20 kV, circuíto simple (SC), cunha lonxitude de 1,851 km sobre apoios de formigón e celosía, instalando o condutor recuberto CCX 117-AL3 20 kV, coa orixe no apoio existente nº 49 tipo C-3000/16 da liña troncal denominada LMT aérea CSM Figueroa-CS Millares (expediente IN407A 2015/595-1) no lugar de Vilachá, no concello do Pino e final no apoio nº 69 tipo C-1000/16 pertencente ao expediente LMT e CT en Tarrío (expediente IN407A 2001/146-1) no lugar de Belvís, no concello de Touro.

Instalarase un novo apoio tipo HVH-1000-15.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña