Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16796

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0011/2016).

Obxecto: licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0011/2016).

Data límite para a presentación das ofertas: 18 de maio de 2016, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 30 de maio de 2016, ás 11.30 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:

– En www.sogama.es, na epígrafe de perfil de contratante.

– Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 28 de abril de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente de la Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.