Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16793

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do alugamento e mantemento de fotocopiadoras.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: alugamento e mantemento de fotocopiadoras para o IMCE.

3. Prezo do contrato: contía máxima anual: 3.500,00 €, IVE incluído.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por an,o ata un máximo de catro, incluído o período inicial e as prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 350,00 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Solvencia: axeitada ao obxecto do contrato (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Criterios de adxudicación: oferta económica.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, que finaliza ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que se deberá presentar: declaración responsable (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 5 de abril de 2016

O Presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22 de xuño de 2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos