Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondente aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/16-1, no termo municipal da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do centro de seccionamento de Barreira, no termo municipal da Laracha (expediente IN407A 2015/16-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 25 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/16-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: centro de seccionamento de Barreira.

Concello: A Laracha (A Coruña).

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data do acto

Horario

4

Chousa Vella

Descoñecido/a

9.6.2016

11.15