Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16714

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Jorge Rubén Sampedro Grande como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Patricia Roiloa Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Terceiro. Nomear como vogal suplente a Beatriz Almudena García de Francisco, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda