Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16353

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2016 pola que se convocan as Xornadas sobre o novo marco xurídico para a seguridade pública.

A Academia Galega de Seguridade Pública, de acordo co plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor con data do 11 de febreiro de 2016, anuncia a convocatoria das xornadas sobre O novo marco xurídico para a seguridade pública, de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade:

Denominación: O novo marco xurídico para a seguridade pública.

Tipo: xornada.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 15.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: analizar a nova regulación no ámbito da seguridade pública, facilitando o intercambio e consenso na materia.

Programa:

8 de xuño de 2016.

– Inauguración.

– Das 10.00 ás 11.00 horas. A seguridade cidadá como garantía dos dereitos e liberdades recollidos na Constitución.

– Das 11.30 ás 12.30 horas. Aspectos e novidades mais relevantes da Lei orgánica 4/2015.

– Das 12.30 ás 14.00 horas. Potestades especiais de policía administrativa de seguridade.

– Das 16.00 ás 17.45 horas. Documentación e identificación persoal.

– Das 18.15 ás 19.30 horas. Intervención de drogas tóxicas, estupefacientes o psicotrópicas. Intervención doutros efectos.

9 de xuño de 2016.

– Das 10.00 ás 11.45 horas. Actuacións para o mantemento e restablecemento da seguridade cidadá.

– Das 12.15 ás 14.00 horas. Rexime sancionador: infraccións e sancións. Procedemento.

– Das 16.00 ás 18.00 horas. Mesa redonda. Nova lei. Debate.

– Ás 18.00 horas. Conclusións e clausura.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma, dos corpos de policía local de Galicia, da Garda Civil e da Policia Nacional, persoal de protección civil, do servizos de emerxencia e interesados en xeral.

Prazas ofertadas:

Limitado á capacidade (máximo 400).

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 20 de maio de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, na citada dirección da internet dispoñerase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax: 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico: formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listado de solicitudes seleccionadas:

O día 23 de maio de 2016 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es , as solicitudes de participación que resulten seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Datas: 8 e 9 de xuño de 2016.

Uso da residencia: os/as alumnos poderán solicitar aloxamento na residencia da Agasp, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

– A solicitude deberá facerse por escrito ao enderezo de correo electrónico: formacion.agasp@xunta.es, con polo menos 24 horas de antelación.

– Que haxa cuartos dispoñibles.

Certificado de asistencia:

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 15 de abril de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública