Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de abril de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/123/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a notificación ao seu interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/123/2015-RP1, a Álvaro Collazo Fernández, en relación coas obras de construción dunha edificación para uso residencial e construción auxiliar no lugar de Canai, Perdecanai, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ao interesado, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística