Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 16026

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación do servizo de representante e axente vendedor no mercado de produción de enerxía eléctrica para as instalacións de produción eléctrica (expediente NC 0007/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

– Oficinas da sociedade en Morzós, 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

– Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato: servizo.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 72.000 euros sen IVE.

5. Garantías exixidas: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 18 de maio de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós, 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura sobre B: 30 de maio de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós, 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 22 de abril de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.