De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-RI-0330/2015-PPM e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º da cidade da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 19 de abril de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-RI-0330/2015-PPM.
Persoa interesada: José Antonio Fernández Santos.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Doutor Don Teo, 4, 3º C, 15200 Noia, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0431/2015-PPM.
Persoa interesada: María Teresa Conde dos Santos.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: A Ponte da Pasaxe, s/n, 15006 A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0441/2015-PPM.
Persoa interesada: Antonio María Silva Silva.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte da Pasaxe, 15006 A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0456/2015-PPM.
Persoa interesada: Jonatan Ramos Vidal.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Pintor Seijo Rubio, 9, 4º, 15006 A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0457/2015-PPM.
Persoa interesada: Héctor Rodríguez Ramos
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Pintor Seijo Rubio, 9, 4º, 15006 A Coruña.