Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de marzo de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Fina e Dorinda IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Fina e Dorinda IV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 18 de febreiro de 2016, Alfonso Dacosta Canosa (35278056-N), no nome e representación de Xestadelo, S.L. (B36345148), solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Fina e Dorinda IV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Luis Miguel Díaz Herbello (78733897K) e María Nieves Ferradás Ferradás (52493919F), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fina.

Situación:

Cuadrícula número: 22.

Polígono: B.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 16.12.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Xestadelo, S.L. (B36345148).

Novos titulares: Luis Miguel Díaz Herbello (78733897K) e María Nieves Ferradás Ferradás (52493919F).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dorinda IV.

Situación:

Cuadrícula número: 3.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 13.12.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Xestadelo, S.L. (B36345148).

Novos titulares: Luis Miguel Díaz Herbello (78733897K) e María Nieves Ferradás Ferradás (52493919F).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de marzo de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo