Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15833

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).

Advertidos erros na Orde do 31 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (DOG número 74, do 19 de abril), cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14128 no anexo I, segundo recadro, onde di: «Proxecto descritivo e orzamento de gastos da modalidade solicitada (anexo III)», debe dicir: «Proxecto descritivo e orzamento de gastos da modalidade solicitada (anexo II)». Na mesma páxina, cuarto recadro, onde di: «Anexo IV (só para os agrupamentos)», debe dicir: «Anexo III (só para agrupamentos)».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes, que finalizará o día 19 de maio de 2016.