Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Agolada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal mediante Acordo do Pleno do día 17 de marzo de 2016, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Que o ámbito do termo municipal de Agolada onde a ordenación proxectada no dito PXOM difire e altera a vixente ordenación, afecta a totalidade do dito termo municipal.

Suspéndese do mesmo xeito a ordenación ou os procedementos de execución ou de intervención urbanística en todo o territorial municipal. Non obstante, poderanse outorgar licenzas en todos os ámbitos en que se cumpra coa normativa vixente e coa que se encontra en tramitación e, en todo caso, coa máis restritiva das dúas. A duración da dita suspensión, determinada pola aprobación inicial, será dun máximo de dous anos contados desde a dita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Agolada, 18 de marzo de 2016

Ramiro Varela Peón
Alcalde