Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2016/49-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Título: LMT Lougares.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 350 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 4ES1201 da liña principal nº 3 O Ceo, Sabaxáns, Maceira e final no apoio de acometida ao centro de transformación Lougares. A instalación está situada en Lougares, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra