Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2016/14-2, 8322 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT Penelas 2.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

– Liña de media tensión ao centro de transformación proxectado Penelas 2 con orixe no apoio nº 9 da liña de media tensión ao centro de transformación Bonxe e final no centro de transformación proxectado Penelas 2, cunha lonxitude de 1.069 metros en condutor LA-56.

– Centro de transformación intemperie Penelas 2 sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación Penelas 2, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RZ-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 8 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo