Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Yolanda Alonso González.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 86/2016 (procedemento abreviado), interposto por Yolanda Alonso González, contra a desestimación do seu recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 7 de outubro de 2015 (DOG do 16 de outubro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014 (DOG do 18 de decembro), modificada pola Resolución do 24 de abril de 2015 (DOG do 4 de maio). A demandante solicita o cambio de quenda no sistema de acceso.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos