Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 13 de abril de 2016 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R001-11-2016-SSP e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-11-2016-SSP.

Interesada: Camisetas Coruña, S.L.

CIF/NIF: B-70302716.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente.

Expediente: 15R001-15-2016-SSP.

Interesada: Efficiency Import Export, S.L.

CIF/NIF: B-27780618.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente.

Expediente: 15R001-16-2016-SSP.

Interesada: Wang World Deaitre, S.L.

CIF/NIF: B-64381957.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente.