Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015114AM-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de febreiro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2015114AM-OU, incoado a Diana Jardón Rodríguez, DNI 44473744-R, como titular do establecemento Gimnasio Body Fitness sito na avenida de Ourense, nº 86, Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Diana Jardón Rodríguez, DNI 44473744-R, como titular do establecemento Gimnasio Body Fitness, sito na avenida de Ourense, nº 86, Xinzo de Limia (Ourense), o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 5 de abril de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2015114AM-OU.

Interesada: Diana Jardón Rodríguez como titular do establecemento Gimnasio Body Fitness.

DNI/NIF/CIF: 44473744-R.

Último enderezo coñecido: avenida de Ourense, nº 86, Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 865/2003.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: novecentos euros (900,00 €).