Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15484

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 4 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2016.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda (antiga Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), nunha aposta decidida pola mellora da calidade do servizo público de transporte, ten consolidada unha liña de subvencións orientada a mellorar as capacidades profesionais e as habelencias técnicas do persoal que opera no sector. As distintas convocatorias, a última das cales se realizou pola Orde do 10 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 23 de xuño), posibilitaron o desenvolvemento na nosa comunidade duns completos programas de formación, deseñados polas asociacións profesionais integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, que tiveron a súa tradución nun sector máis preparado e, polo tanto, máis competitivo.

Esta orde continúa o camiño iniciado por esas actuacións previas, unha vez constatada a súa idoneidade para acadar os obxectivos propostos.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado mediante o Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Plan formativo

1. Para accederen ás axudas reguladas nesta orde, as entidades a que se refire o artigo seguinte deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2016 e dentro dos prazos de xustificación previstos nesta orde. Para estes efectos, como anexo I desta orde publícase a relación básica de cursos que se considerarán subvencionables, estruturados por área, modalidade e duración.

A dita relación básica de cursos subvencionables será desenvolvida e completada por unha guía de referencia que se publicará na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade. Nela especificaranse as características básicas que deben reunir os cursos, así como os importes máximos que se outorgarán para cada un deles. As especificacións desa guía de referencia teñen carácter vinculante, de xeito que todos os cursos incluídos no plan formativo se deberán axustar a elas para que este poida ser subvencionable.

2. Para que o plan formativo resulte subvencionable, os cursos que inclúa deberán afectar cando menos o seguinte número mínimo de áreas das recollidas no anexo I, segundo o custo que suporía executar o plan formativo nas condicións propostas:

Porcentaxe que supón o custo do plan formativo en relación co crédito
orzamentario dispoñible

Mínimo de áreas do anexo I
que deberá afectar o plan formativo

10-20 %

2

21-30 %

3

Máis do 30 %

4

3. As axudas outorgaranse de acordo coa consignación orzamentaria dispoñible e poderán cubrir ata o 100 % do custo total do plan formativo.

O importe outorgado destinarase a realizar a totalidade dos cursos do plan formativo. Non obstante, se as demandas formativas o aconsellan, poderase destinar a impartir outros cursos relacionados coas materias contidas no plan ou a incrementar o número de edicións dos xa incluídos nel, sempre que non se supere o importe global outorgado e a contía individual de cada curso non supere os límites máximos establecidos na guía de referencia, coa rebaixa que, se é o caso, a entidade solicitante se comprometese a aplicar.

Igualmente, no caso de que a contía global da axuda outorgada non cubra o custo de todo o plan formativo, a entidade beneficiaria poderaa aplicar para realizar aqueles cursos ou seminarios incluídos nel que resulten de maior interese para o alumnado.

En todo caso, os cursos que se van realizar, así como os posibles cambios que lles afecten, deberán serlle comunicados á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte nos termos do artigo 19.2 desta orde.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que xustificasen ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

2. As entidades indicadas no punto anterior non deberán, no momento de presentaren a solicitude, estar incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Créditos orzamentarios e contía

1. A concesión das axudas farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 por importe de trescentos noventa e seis mil trescentos euros (396.300 €).

Non obstante, o importe indicado poderá ser ampliado de concorrer algún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este incremento queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

2. A concesión destas axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos de 2016 para poder afrontalas. En ningún caso se poderán outorgar subvencións por un montante superior ao da contía dispoñible na aplicación orzamentaria.

3. As axudas previstas nesta orde serán compatibles con calquera outra outorgada por outros departamentos, administracións ou entes públicos ou privados, nacionais e internacionais, sen que, en ningún caso, o conxunto de axudas recibidas poida superar nin o custo máximo estimado, nin o real, da actividade que desenvolverá a entidade beneficiaria ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento legalmente establecido.

Artigo 5. Solicitudes

1. Para poder ser beneficiario/a das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde e que estará dispoñible tanto na guía de procedementos ( https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos ) como na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.es ) co código MT318A.

Este modelo irá acompañado, ademais, da documentación a que se fai referencia no punto 3 deste artigo que, necesariamente, se deberá anexar en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp; non obstante, a descrición detallada dos cursos incluídos no plan, á cal se refire a letra f) do punto 3, deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade).

2. Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:

a) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nesta orde, así como das obrigas e compromisos que nela se establecen.

b) Autenticidade dos datos facilitados.

c) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas, e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.

d) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Axudas solicitadas e/ou concedidas por outras administracións públicas para o mesmo proxecto, con indicación das contías ou, de ser o caso, indicación de que non recibiu ningunha.

f) Autenticidade e coincidencia cos orixinais da documentación anexada coa solicitude, e posta á disposición da Administración dos ditos orixinais en caso de que se requira.

3. Xunto coa solicitude deberá anexarse copia da seguinte documentación:

a) DNI en vigor da persoa física que presenta a solicitude en representación da entidade solicitante, en caso de que non preste o consentimento para facer a consulta telemática de acordo co disposto no artigo 7.

b) Documentación acreditativa do número de identificación fiscal (NIF) de persoa xurídica da entidade solicitante, en caso de que denegue expresamente a súa consulta.

c) Acta de constitución da entidade solicitante.

d) Estatutos da entidade solicitante.

e) De non constar nos documentos anteriores, poder que acredite a capacidade para actuar en nome da entidade da persoa que asina a solicitude.

f) Descrición detallada dos cursos integrados no plan formativo para o cal se pide a axuda. Esta descrición deberase facer nun documento electrónico en formato Microsoft Excel ou compatible, o cal se deberá axustar á estrutura e ao contido do modelo que, para tal efecto, a Dirección Xeral de Mobilidade porá á disposición das entidades interesadas na súa páxina web institucional ( www.cmati.xunta.es/mobilidade ).

Así mesmo, para elaborar este documento deberase ter en conta o previsto na guía de referencia, de acordo co que establece o artigo 2 desta orde. O custo do plan formativo será o resultado de sumar os importes que especifica a dita guía para cada curso solicitado, minorados, de ser o caso, na porcentaxe de rebaixa que a entidade solicitante se comprometa a aplicar.

g) De considerarse oportuno, poderanse achegar cantos documentos se considere que poden contribuír a unha mellor descrición do plan formativo e, especificamente, a valoración dos aspectos indicados no artigo 12.

4. Non obstante o disposto no punto anterior, non será preciso anexar a documentación referida nas letras a), b), c), d) e e) se esta xa figura completa e debidamente actualizada no poder da Dirección Xeral de Mobilidade, para os efectos da renovación da composición do Comité Galego de Transporte por Estrada ou de calquera outro procedemento, e así se indica expresamente na solicitude, nos termos do artigo 7.

Artigo 6. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de conformidade co establecido no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

O enderezo que se faga constar na solicitude considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva da persoa solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Mobilidade de calquera cambio.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberanse xuntar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

En particular, de acordo co previsto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, polo que se desenvolve aquel, os representantes das entidades solicitantes poderán facer constar no formulario o seu consentimento expreso para que a Administración verifique de xeito telemático os seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

En caso de que non presten ese consentimento, deberán anexar xunto coa solicitude unha fotocopia do DNI en vigor.

3. Ás solicitudes das persoas interesadas deberanse xuntar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderanse acoller ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se fagan constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

5. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impor nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

6. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a entidade solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto se fará consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Artigo 8. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as entidades interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano; San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (15781), ou a través dun correo electrónico a sxt.civ@xunta.es .

2. Ao dito ficheiro incorporaranse tamén os datos persoais do alumnado, para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística deste procedemento. A presentación da solicitude supón a cesión dos ditos datos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda por parte da entidade solicitante, polo que esta é responsable de informar o alumnado sobre a exixencia e finalidade da cesión, así como de obter o seu consentimento.

Artigo 9. Órganos competentes

1. Deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade as competencias para resolver os procedementos de concesión, aprobación do gasto, reintegro e demais actuacións necesarias para o desenvolvemento das axudas obxecto desta orde.

2. A Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte será o órgano competente para instruír o procedemento de concesión das subvencións e correspóndelle como tal o exercicio das facultades previstas no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. O órgano instrutor será o encargado de verificar o cumprimento das condicións exixidas nesta orde e no resto de normativa aplicable para poder ser beneficiario das axudas, e analizará, para tal fin, as solicitudes presentadas e a documentación que as acompañe.

2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algunha das exixencias contidas nesta orde ou na citada normativa, requirirase a entidade interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e que conten coa documentación necesaria serán obxecto de valoración por parte do órgano instrutor, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na restante normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 11. Valoración

1. Consonte o artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano instrutor será o encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte. Para tal fin, elaborará un informe en que figurarán de xeito individualizado as entidades solicitantes que cumpren os requisitos para obter a subvención, e no cal se especificará a valoración que lles corresponde segundo os devanditos criterios. Así mesmo, indicarase o importe da axuda para cada unha delas ata esgotar o crédito dispoñible.

2. As solicitudes que non poidan ser atendidas por insuficiencia de crédito quedarán en reserva e poderán, se é o caso, ser subvencionadas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das entidades beneficiarias, ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivos informes conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 12. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes formuladas efectuarase para o conxunto do plan formativo que presente cada entidade solicitante, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

a) Representatividade total da asociación ou federación no ámbito profesional, ponderada en atención ao número de vehículos pertencentes ás empresas integradas nela, segundo os datos que constan na Dirección Xeral de Mobilidade para os efectos de renovación da composición e votos do Comité Galego de Transporte por Estrada: ata 20 puntos.

No caso de que presenten solicitude unha federación e unha ou varias das asociacións integradas nela, para ponderar a representatividade daquela non se terán en conta os vehículos que correspondan a estas últimas.

As entidades que poidan ter a condición de beneficiarias por estaren integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada, pero que non sexan representativas de empresas titulares de vehículos con persoal de condución para o desenvolvemento da actividade ou do sector de actividade que representen, terán cero puntos nesta epígrafe.

b) Adecuación dos temas obxecto de estudo ao interese público do transporte por estrada e ás necesidades de formación: ata 25 puntos.

Para estes efectos, cada actividade valorarase, atendendo á memoria presentada, de acordo coa puntuación que se indica no anexo I desta orde (columna «adecuación ao ámbito do transporte»).

c) A correcta execución das actividades que recibisen axudas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2015: ata 10 puntos.

As entidades que non fosen beneficiarias de ningunha subvención ao abeiro da orde indicada terán unha puntuación fixa de 5 puntos nesta epígrafe.

d) Custo do programa formativo, que se ponderará en atención á minoración que a entidade solicitante propoña aplicar sobre o custo previsto na guía de referencia para os cursos que solicita. Por este concepto repartiranse 25 puntos, de acordo coa seguinte escala:

1º. Os programas formativos que non propoñan ningunha minoración respecto dos importes da guía de referencia recibirán cero puntos nesta parte.

2º. Minoracións de ata o 5 %: 2 puntos.

3º. Minoracións superiores ao 5 %, ata o 10 %: 12 puntos.

4º. Minoracións superiores ao 10 %, ata o 25 %: 20 puntos.

5º. Minoracións superiores ao 25 %: 25 puntos.

A minoración comprometida por este concepto deberá ser respectada, en caso de resultar beneficiario/a, no momento da xustificación, de acordo co que dispón o artigo 18.

e) Compromiso do uso da lingua galega no desenvolvemento da actividade: ata 10 puntos, avaliables segundo os seguintes criterios acumulativos:

1º. Uso da lingua galega na difusión e publicidade dos cursos: ata 3,5 puntos.

2º. Uso da lingua galega no material didáctico empregado: ata 5 puntos.

3º. Uso da lingua galega polo persoal encargado de impartir os cursos: ata 1,5 puntos.

O compromiso de utilización da lingua galega deberá ser respectado durante a realización das actividades formativas, con suxeición, de non facelo, ás consecuencias recollidas no artigo 21.

f) Compromiso de destinar unha porcentaxe do custo total do plan formativo a realizar cursos nas provincias de Lugo e/ou Ourense: ata 10 puntos. Para estes efectos, o compromiso do 100 % recibirá 10 puntos e os compromisos inferiores, os que proporcionalmente correspondan.

O compromiso a que se refire este punto deberá ser respectado durante a realización da actividade subvencionada e, en caso contrario, dará lugar ás consecuencias que se sinalan no artigo 21.

2. As axudas outorgaránselles aos que ocupen os primeiros lugares na relación de entidades beneficiarias elaborada consonte os puntos anteriores, ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible. Non obstante, ningún deles poderá recibir unha subvención superior á contía que resulte de aplicar, sobre o total do crédito orzamentario dispoñible, unha porcentaxe igual á da representatividade que teña a asociación ou federación no Comité Galego de Transportes por Estrada, ponderada en atención ao número de vehículos das empresas nela integradas, incrementada nun 10 %. Para facer esta ponderación será aplicable a regra contida no parágrafo segundo a letra a) do punto anterior.

Para estes efectos, as entidades a que se refire o parágrafo terceiro da letra a) do punto anterior terán como límite a mesma contía que lle corresponda á que menos vehículos teña do resto de asociacións ou federacións.

3. No momento en que, durante o proceso de adxudicación das axudas ás entidades ordenadas segundo a súa valoración, o crédito resulte insuficiente para cubrir o total do importe máximo subvencionable que lle correspondería á seguinte asociación ou federación da lista, a esta seralle adxudicada unha subvención polo importe equivalente ao orzamento restante. Feito isto, se aínda queda algunha entidade pendente, seralle denegada a subvención, sen prexuízo do disposto no artigo 11.2.

Artigo 13. Resolución e notificación

1. Unha vez elaborado o informe de valoración, o órgano instrutor elevará este, xunto coa proposta de resolución, á persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, para que esta dite a resolución que corresponda para cada entidade solicitante.

No caso de que, atendendo ás solicitudes formuladas, resulte acreditada a suficiencia do crédito dispoñible, o órgano instrutor poderá elevar propostas parciais de resolución e procederse a resolver sucesivamente as distintas solicitudes formuladas por orde cronolóxica de conclusión dos correspondentes expedientes administrativos.

En ningún caso o importe da subvención concedida poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecido.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de catro meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre este prazo sen que se dite resolución expresa, as entidades interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. A concesión ou a denegación da axuda seralle notificada á entidade solicitante de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Esta notificación realizarase sen prexuízo da publicación prevista no artigo 7.5.

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. As persoas ou entidades beneficiarias están obrigadas a comunicarlle á Dirección Xeral de Mobilidade calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente o destino ou a correcta aplicación da axuda outorgada.

2. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á entidade interesada.

Artigo 16. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde asumen as obrigas recollidas con carácter xeral na normativa de subvencións e, especificamente, as seguintes:

a) Obriga de reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Obriga de permitir que a Dirección Xeral de Mobilidade realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, ben de xeito directo, ben mediante equipos ou persoal externo designado e acreditado para o efecto, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como de facer o seguimento e o control das axudas concedidas.

c) Obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

2. As entidades beneficiarias das axudas estarán obrigadas a facer constar na publicidade e difusión dos cursos ou seminarios a lenda: «Curso/seminario/xornada (segundo proceda) subvencionado pola Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia».

3. Igualmente, as entidades beneficiarias das axudas estarán obrigadas a pór á disposición da Dirección Xeral de Mobilidade un mínimo dun 15 % das prazas dispoñibles para cada curso (cun mínimo de tres prazas por curso), destinadas preferentemente ao persoal dos corpos e forzas de seguridade do Estado, das unidades adscritas a esta comunidade autónoma e das policías locais, que faga funcións de colaboración en materia de transporte; estas prazas non se computarán para os efectos de cálculo do número máximo de asistentes por curso, nin se acumularán ás prazas dispoñibles en caso de non seren cubertas por esta Administración.

4. Nos supostos en que os cursos ou seminarios subvencionados non sexan gratuítos para os asistentes, a entidade organizadora unicamente poderá percibir deles a cantidade correspondente á parte do custo non subvencionada, e deberá constar documentalmente este feito.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. O 31 de outubro de 2016 será o último día para presentar a documentación xustificativa das accións formativas realizadas ao abeiro desta convocatoria de axudas.

Non obstante, e atendendo ás ordes de peche do exercicio orzamentario que dite a Consellería de Facenda, o prazo indicado poderá ser adiantado mediante resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, á cal se lle dará publicidade no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

2. A xustificación farase presentando unha conta xustificativa que conterá a seguinte documentación:

a) Memoria de actuación, na cal se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos. De ser o caso, nesta memoria deberanse especificar claramente as variacións introducidas no plan formativo inicialmente presentado, de acordo co disposto no artigo 2.3, así como aqueles cursos e/ou edicións que non se realizasen, e os motivos desta inexecución.

b) Relación clasificada dos gastos e investimentos que supuxo a execución do plan formativo, desagregada por cursos e edicións. Nesta relación deberanse identificar o documento, o acredor, a data de emisión, o importe e a data de pagamento.

c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil que estean incorporados á relación indicada na letra anterior. Estas facturas deberán ser orixinais ou fotocopias compulsadas.

d) Documentación acreditativa do pagamento das devanditas facturas.

e) De ser o caso, documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios.

f) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

g) Relación de alumnos de cada curso ou seminario, en que figure o seu número de DNI, enderezo completo e teléfono de contacto. No caso dos cursos presenciais ou mixtos, esta relación deberá contar, ademais, coa sinatura de cada alumno.

h) Un exemplar do material didáctico empregado como soporte ou apoio para impartir as actividades formativas. Para estes efectos, achegarase un único exemplar por cada curso ou seminario que teña o mesmo contido e natureza, sen que sexa preciso presentar unha copia por cada edición.

i) Mostras dos carteis, folletos, dípticos ou outro material empregado para darlle(s) publicidade ao plan formativo subvencionado e/ou aos seus cursos.

l) De ser o caso, as ofertas de tres provedores diferentes e a memoria xustificativa da elección realizada, de acordo co que establece o artigo 20.5.

3. A dita documentación deberá ser presentada directamente ante a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade, a cal poderá requirirlles ás entidades beneficiarias a incorporación de calquera outra documentación necesaria para pagar a subvención.

4. Transcorridos os prazos previstos no punto 1 sen que a entidade interesada achegue a documentación indicada, será requirida para que no prazo de dez días emende ese incumprimento.

A falta de xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito a cobrar a subvención e a exixencia das responsabilidades que poidan corresponder segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A realización da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 18. Pagamento

1. Unha vez examinada a documentación presentada consonte o artigo anterior, aboaranse as cantidades que correspondan ás actividades correctamente realizadas. Esta contía non poderá superar en ningún caso os importes xustificados, nin a subvención concedida para executar o plan formativo, nin o importe máximo por curso previsto na guía de referencia, unha vez aplicada, se é o caso, a porcentaxe de rebaixa comprometida na solicitude. En caso de que, consonte o previsto no artigo 2.3, se produzan cambios nos cursos do plan formativo durante a execución deste, a cantidade que se cobrará polos novos cursos xustificados non poderá superar os importes máximos previstos para eles na guía de referencia, logo de aplicar, de ser o caso, a citada porcentaxe.

O pagamento farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que, para tal efecto e asumindo o compromiso da veracidade dos datos e da súa titularidade, consigne a entidade interesada na solicitude.

2. Poderanse realizar pagamentos fraccionados á conta da liquidación definitiva, que responderán ao ritmo de execución das actividades subvencionadas, cos seguintes requisitos:

a) A periodicidade destes pagamentos será mensual.

b) Unicamente se pagarán as contías correspondentes a cursos completos, nunca a partidas individuais dentro destes.

c) A porcentaxe máxima que se poderá recibir mediante estes pagamentos fraccionados será do 80 % da subvención total concedida.

d) Para poder acceder a estes pagamentos, a entidade beneficiaria deberá achegar a documentación indicada no punto 2 do artigo anterior relativa ao curso ou cursos que se pretenden cobrar.

As entidades beneficiarias, como colaboradoras da Administración en representación do sector profesional do transporte por estrada a través do Comité Galego de Transporte por Estrada, non estarán obrigadas a constituír garantías para accederen a eses pagamentos á conta, de acordo co artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades beneficiarias poderán solicitar, así mesmo, o pagamento anticipado de ata o 80 % da subvención concedida. Para tal fin, deberán presentar unha memoria na cal se especifiquen os gastos que se prevén cubrir co dito adianto, e constituír como garantía un seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou un aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca.

A dita garantía deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación que se recolle no artigo 17.1, e cubrirá o 110 % das cantidades anticipadas.

Artigo 19. Realización das actividades

1. As actividades obxecto de subvención deberanse desenvolver segundo a planificación proposta na solicitude, concretando as datas exactas de realización unha vez que se confirme a asistencia mínima prevista para cada actividade.

Non se poderán realizar as actividades e, polo tanto, xustificar o gasto correspondente, de non se confirmar a asistencia mínima prevista para a propia actividade, agás que se produzan ausencias xustificadas por causa razoable e así se comuniquen de acordo co previsto no punto seguinte.

2. Para cada curso e, de ser o caso, para cada edición dentro destes, as entidades beneficiarias deberán comunicarlle á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte o seu inicio con non menos de cinco días naturais de antelación. Esta comunicación farase por correo electrónico, ao enderezo que se indique na resolución de outorgamento da axuda, e deberá ter o contido e o formato normalizado que para o efecto estableza a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

Ademais do anterior, con non menos de tres días naturais de antelación á data de inicio, as entidades beneficiarias deberán comunicar, polos mesmos medios, a relación de alumnos/as admitidos/as á realización da actividade, coa indicación do seu nome e apelidos, documento de identidade, domicilio e teléfono de contacto.

Do mesmo xeito, dentro da primeira media hora de cada sesión do curso, a entidade beneficiaria terá que comunicar polos mesmos medios a relación de alumnos/as asistentes, con indicación clara das posibles ausencias que se produzan, así como da súa causa, que deberá ser debidamente xustificada.

Para garantir a adecuada recepción das comunicacións anteriores, poderáselles exixir ás entidades beneficiarias da axuda, en calquera momento, que aquelas se presenten, neses mesmos prazos, polos medios ordinarios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O órgano instrutor poderá acordar, en relación con determinadas actividades, e co fin de garantir o adecuado control, que a entidade beneficiaria remita, por medios telemáticos, ao inicio de cada sesión na cal se constitúa a actividade, información complementaria sobre as incidencias sucedidas en relación coa asistencia ao curso.

Artigo 20. Subcontratación

1. As entidades beneficiarias das subvencións poderán subcontratar a realización dos cursos ou seminarios ata o total da actividade subvencionada. Non se considerará subcontratación a realización dos cursos por unha asociación profesional integrada na beneficiaria ou polas mesmas entidades que integran a beneficiaria; non obstante, non se poderá subcontratar con estas se teñen tamén a condición de beneficiarias da subvención.

2. De acordo co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se asine por escrito.

b) Que a súa realización sexa autorizada previamente pola persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade. Esta autorización deberase outorgar no prazo de quince días desde a data de entrada da solicitude nos servizos centrais deste órgano administrativo e entenderase outorgada se transcorre o devandito prazo sen notificarse a resolución.

3. Non se poderá fraccionar un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no punto anterior.

4. En ningún caso poderá ser concertada pola entidade beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da citada Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores cuxos pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, a menos que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria, salvo que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e a autorice a Dirección Xeral de Mobilidade previa e expresamente.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención nesta mesma convocatoria.

5. De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a realización do curso ou seminario, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o poidan realizar.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar na xustificación, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberanse xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 21. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou no resto da normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

Singularmente, e consonte o previsto no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión da subvención:

a) Anular ou suspender un curso ou edición cuxo inicio xa fose anunciado nos termos do artigo 19.2 desta orde, sen comunicarllo á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte previamente. Porén, non se considerará que existe incumprimento se a anulación ou suspensión se debeu a causas de forza maior debidamente xustificadas, e así se comunica á devandita subdirección dentro das vinte e catro horas posteriores a producirse eses feitos excepcionais.

O incumprimento descrito no parágrafo anterior determinará a imposibilidade de xustificar e cobrar as contías correspondentes ao curso ou edición anulado ou suspendido, mesmo se se realiza con posterioridade, e, ademais, incidirá sobre o importe final de axuda que se percibirá segundo a seguinte escala:

1º. A primeira anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 10 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

2º. A segunda anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 25 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

3º. A terceira anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 50 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

4º. De se producir unha cuarta anulación ou suspensión, a subvención concedida será revogada e a entidade beneficiaria deberá reintegrar, de ser o caso, as cantidades xa percibidas.

As reducións indicadas e a revogación terán carácter acumulativo e aplicaranse sempre sobre o importe que resulte da documentación achegada na fase de xustificación da axuda.

b) Incumprir a porcentaxe mínima do custo total do plan formativo que o/a beneficiario/a se comprometeu na descrición daquel a destinar á realización de actividades formativas nas provincias de Lugo e/ou Ourense.

A citada porcentaxe resulta vinculante para a fase de execución das ditas actividades, de maneira que en ningún caso se aboarán cantidades por actividades formativas realizadas no resto de Galicia que estean por riba da que correspondería unha vez descontada a porcentaxe que se comprometeu a destinar ás provincias de Lugo e/ou Ourense.

Se, como consecuencia de anticipos ou xustificacións parciais, se incumpre a regra anterior, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro pola diferenza.

c) Non comunicar a relación de persoas asistentes e as posibles ausencias dentro da primeira media hora de cada sesión, de acordo co previsto no artigo 19.2. Este incumprimento dará lugar ás seguintes penalidades:

1º. En caso de que na sesión en que se produciu a omisión non houbese ningunha ausencia, ou houbese un número de ausencias que non sitúe o total de alumnos/as por debaixo do mínimo exixido na guía de referencia, a falta de comunicación dará lugar á perda da subvención que proporcionalmente lle corresponda a esa sesión, en función do número total de sesións de que conste o curso.

2º. Se as ausencias non comunicadas determinan que na sesión afectada o número de alumnos/as sexa inferior ao establecido como mínimo na guía de referencia, o incumprimento suporá a imposibilidade de cobrar as contías correspondentes ao curso afectado.

Non obstante, se non se realiza a comunicación a que se refire esta letra en ningunha das sesións do curso, aplicarase o disposto na letra a).

Por outra parte, tamén se considerará que se produciu un incumprimento das condicións da subvención cando a entidade beneficiaria si realice a comunicación a que se refire esta letra, mais posteriormente se constate por calquera medio a falta de veracidade dos datos facilitados. Este incumprimento determinará a imposibilidade de cobrar as contías correspondentes ao curso afectado, así como a redución nun 20 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

d) Incumprir o compromiso de uso da lingua galega, de acordo co consignado para o efecto na solicitude. Este incumprimento determinará unha redución dun 10 % do importe da subvención que correspondería cobrar polo(s) curso(s) ou seminario(s) en que se detecte.

2. As reducións e/ou devolucións previstas no punto anterior aplicaranse sobre o importe que resulte da documentación achegada na fase de xustificación da axuda.

No caso de que a entidade beneficiaria xa recibise algunha cantidade en concepto de anticipo ou como consecuencia de xustificacións parciais, a aplicación das reducións dará lugar, de ser necesario, á aplicación dun procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control

1. A Dirección Xeral de Mobilidade poderá levar a cabo, directa ou indirectamente, as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento da finalidade das axudas que se concedan.

2. Ademais do anterior, as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 23. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non regulado nesta orde observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 25. Información ás persoas e entidades interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade a través dos seguintes medios:

a) A súa páxina web oficial ( http://www.cmati.xunta.es/mobilidade ).

b) Os teléfonos 881 99 50 53 e 981 54 45 85 da devandita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico formacion.transportes@xunta.es

Disposición adicional primeira. Habilitación de melloras ofimáticas

A Dirección Xeral de Mobilidade poderá habilitar unha aplicación informática que, vía web, permita a transmisión da información referente ás actividades realizadas.

Neste caso, a partir da súa posta en funcionamento, a formalización de modelos, a remisión de datos de actividades, asistencias e incidencias, e demais comunicacións previstas nesta orde como de transmisión por medios dixitais ou electrónicos, substituirase pola súa carga pola entidade beneficiaria no contorno da indicada aplicación, resultando obrigatoria para este.

Disposición adicional segunda. Actividades formativas previas á resolución de outorgamento

Consideraranse subvencionables ao abeiro desta orde as actividades formativas que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2016 e antes de que se dite resolución definitiva. Esas actividades deberanse incluír, en todo caso, dentro do plan formativo presentado coa solicitude e deberanse prestar de acordo coas previsións contidas nesta orde, sinaladamente as relativas aos importes máximos subvencionables, á comunicación do seu inicio e á subcontratación.

Estas actividades non xerarán dereito a cobrar ningunha cantidade no caso de que a resolución definitiva sexa denegatoria.

Disposición derrogatoria única

Queda derrogada a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 23 de xuño).

Non obstante, as subvencións concedidas, así como os procedementos subvencionais iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta orde, rexeranse pola normativa anterior.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para que dite as resolucións que sexan precisas para a correcta execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO I
Relación básica de cursos subvencionables

Área

Subgrupo

Código

Adecuación
ao ámbito
do transporte

Cursos presenciais

CAP

Formación continua CAP 35 h

1101

5

Idiomas

Idioma xeral por niveis

1111

2

Idioma específico

1112

2

Idioma específico para profesionais do taxi

1113

4

Condución

Condución en simulador

1131

3

Perfeccionamento da condución

1132

3

Longo de condución para profesionais do transporte

1133

2

Tacógrafos e tempos de condución e descanso

1134

4

Condución específica

1135

1

Condución específica para profesionais do taxi

1137

4

Condución económica e segura

1136

3

Condución económica e segura con prácticas en vehículo

1139

4

Condución económica e segura para profesionais do taxi

1138

4

Transporte

Manipulación de mercadorías

1141

2

Transporte de mercadorías perigosas-ADR

1142

4

Conselleiros de seguridade

1143

4

Xestión

Atención aos/ás clientes/as

1151

3

Xestión contable para pemes

1152

3

Intermedio sobre dereito e xestión do transporte

1156

4

Prevención de riscos

Prevención de riscos laborais

1163

2

Normativa

Normas e leis relacionadas co transporte

1171

4

Superiores

Superior de dereito e xestión do transporte

1212

4

missing image file
missing image file
missing image file