Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO do contrato de adxudicación do dereito de superficie da parcela municipal Faquiña-B.

Aprobados polo Pleno do 29.2.2016 os pregos de cláusulas administrativas e prescricións particulares que regularán o procedemento aberto de adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal Faquiña-B de uso industrial, exponse ao público por oito días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario de se presentaren reclamacións aos pregos.

Anuncio de licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1.A1.0012.

2. Obxecto do contrato: adxudicación de dereito de superficie da parcela municipal Faquiña-B.

3. Descrición da parcela: parcela no monte Faquiña, de forma rectangular e cunha superficie de 9.514 m2. Uso industrial. Linda: norte, monte en man común de Tameiga; oeste, rúa Costa Faquiña; sur, camiño, e leste, monte en man común de Tameiga.

Datos urbanísticos:

Uso: industrial.

Edificabilidade atribuíble en m2: 11.099,67 m2.

4. Duración do dereito de superficie: 50 anos. Unha vez finalizado o prazo de duración, extinguiranse os dereitos e reverterán ao concello todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.

5. Prezo da concesión: establécese como prezo mínimo ou tipo para a adxudicación do contrato o importe de 11.100,32 euros.

Renda anual: determinarase segundo a fórmula establecida nos pregos de cláusulas.

6. Garantía provisoria: 222,01 euros, que se constituirá en calquera das formas previstas no artigo 96 do TRLCSP.

7. Garantía definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

8. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Domicilio: Reguengo, s/n, Petelos, Mos.

c) Localidade e código postal: Mos 36416.

d) Páxina web: www.mos.es

e) Teléfono: 986 33 12 00.

f) Telefax: 986 33 66 18.

g) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días hábiles desde a última publicación do anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: dous (2) sobres, segundo os pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Mos.

2º. Enderezo: Reguengo, s/n, Petelos, Mos.

3º. Localidade e código postal: Mos 36416.

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Mos.

b) Enderezo: Reguengo, s/n, Petelos, Mos.

c) Localidade: Mos.

d) Data: o sexto (6º) día hábil desde a finalización do remate do prazo de presentación de ofertas. Para os efectos da celebración, que non do cómputo, os sábados consideraranse inhábiles.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 8 de marzo de 2016

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa