Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 17 de marzo de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Pinta e Rey I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Pinta e Rey I e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito con data do 7.3.2016, Mª Carmen Santos Abal, en calidade de representante da comunidade de herdeiros de Manuel Aragunde Buceta, solicitou autorización para a transmisión das concesión e das bateas Pinta e Rey I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. Os expediente seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Mª Carmen Santos Abal (35414110K), Sagrario Aragunde Santos (35462492B) e Diana María Aragunde Santos (35468187W), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pinta.

Situación:

Cuadrícula nº: 146.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.3.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rey I.

Situación:

Cuadrícula nº: 140.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 19.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Aragunde Buceta e Mª Carmen Santos Abal (35414110K).

Novas titulares: Mª Carmen Santos Abal (35414110K), Sagrario Aragunde Santos (35462492B) e Diana María Aragunde Santos (35468187W).

As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 17 de marzo de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo