Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016 pola que se convoca a contratación da subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria documentalmente simplificada (expediente 18/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26036

e) Número de expediente: 18/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros da Consellería de Política Social, de acordo coas especificacións técnicas que se describen no prego de prescricións técnicas.

c) Nomenclatura CPV: 42410000-3 (equipamentos de elevación e manipulación).

d) Nomenclatura CPA: 28.22 (maquinaria de elevación e manipulación).

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

– Lote 1: guindastres pasivos. Guindastres de elevación: 32.

– Lote 2: guindastres activos. Guindastres de bipedestación: 15.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social que conforman cada un dos lotes de acordo co indicado no PCAP.

g) Prazo de execución/entrega: como máximo será de 35 días naturais. Con todo, a redución no prazo de entrega constitúe un criterio de adxudicación automático.

h) Admisión de prórroga: non.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: o orzamento global do contrato é de douscentos tres mil oitocentos cincuenta e catro euros (203.854,00 €).

b) Valor estimado por lotes:

– Valor estimado lote 1 total (licitación + modificado): 145.024,00 €.

– Valor estimado lote 2 total (licitación + modificado): 58.830,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. Pola contía do 5 % do importe de licitación, IVE excluído, de conformidade co establecido no artigo 95.3 do TRLCSP.

– Lote 1: sete mil corenta euros (7.040,00 €).

– Lote 2: dous mil setecentos setenta e cinco euros (2.775,00 €).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver as cláusulas 18 e 19 da folla de especificacións e número 5.3 do PCAP.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 56 43 (Luis Miguel Vázquez Carreira).

– Información técnica: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26036

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 15 días desde o día seguinte ao da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: segundo o establecido no número 5.2 do PCAP as proposicións presentaranse na Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e comunicándoo á Secretaría Xeral Técnica mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido no número 5.2 do PCAP (fax do Servizo de Contratación e Xestión Económica Contractual: 981 54 56 85).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos números 5.3, 5.4 e 5.5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio será por conta do adxudicatario. O importe a título indicativo é de 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia (10,82 € se é urxente).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social