Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 28 de marzo de 2016, ditada no expediente sancionador AC-25/16, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 18 de abril de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-25/16.

Denunciada: Cocina Fusión Tamei, S.L.

CIF: B-70252341.

Establecemento: Tamei.

Enderezo: avenida do Porto s/n.

Localidade: Sada.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Incoación: 28 de marzo de 2016.

Sanción: multa de mil cincocentos euros (1.500 €).