Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización da contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de papel.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

C) Número de expediente: 2015004309; ref. 2322.

D) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es .

Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: de subministración.

B) Descrición do obxecto: subministración de papel para o Concello de Ourense.

C) CPV: 34514700-0.

D) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

E) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.9.2015, 12.9.2015 e 15.9.2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

A) Trámite: ordinario.

B) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 27.102,50 euros. IVE: 5.691,53 euros. Importe total: 32.794,03 euros.

5. Formalización do contrato.

A) Data de adxudicación: 3 de marzo de 2016.

B) Data de formalización: 23 de marzo de 2016.

C) Contratista: Paipel OR, S.L.

D) Importe de adxudicación: unha baixa do 22,40 % sobre os prezos unitarios dos produtos que figuran no anexo I do prego de condicións e un prazo de entrega dun día.

E) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 30 de marzo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde