Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 77, do 22 de abril de 2016, procédese a facer a seguinte corrección.
Nas páxinas 15023, 15024, 15025, 15026, 15027 e 15028 saen publicados o anexo I, anexo I (continuación), anexo II, anexo II (continuación) e anexo III, no idioma castelán, por ese motivo deben ser substituídos por estes novos anexos no idioma correcto.