Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, da subministración de árbores, arbustos e plantas de tempada.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. Nº de expediente 8566-446.

2. Obxecto do contrato: descrición: adquisición de árbores, arbustos e plantas de tempada para a reposición en distintas zonas verdes da cidade e nas beirarrúas. División por lotes: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: rematará o día 31 de decembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 60.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 30 de marzo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación