1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio Histórico. Nº de expediente: 7845-307.
2. Obxecto do contrato: descrición: promoción e divulgación nos equipamentos arqueolóxicos municipais do monte do Castro e da villa romana de Toralla (xacemento e Centro de Interpretación do Mundo Romano), que se concretan na atención e información ao público relacionada coas ditas dependencias municipais, a realización das visitas guiadas aos tres espazos diferenciados e calquera outra actividade encamiñada á súa promoción e difusión, así como a coordinación xeral de todos estes servizos.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 80.000 euros (IVE incluído).
5. Garantías provisionais: non se exixen.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.
Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 31 de marzo de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación