Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo (PescadeRías ¿de onde se non?), 2 lotes (expediente 1/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

Descrición do obxecto: servizo de xestión e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo («PescadeRías ¿de onde se non?»), 2 lotes. Procedemento cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP– nun 75 %.

b) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23701

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 5 de decembro de 2015, BOE do 14 de decembro de 2015 e DOG núm. 244, do 23 de decembro de 2015.

d) División por lotes e número: si.

– Lote nº 1: xestión da marca de calidade.

– Lote nº 2: auditoría da marca de calidade.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 280.000,00 €; IVE (21 %): 58.800,00 €. Importe total: 338.800,00 €.

Valor estimado: 560.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote nº 1: xestión da marca de calidade.

a) Data da resolución de adxudicación: 25 de febreiro de 2016.

b) Adxudicataria: Ardora Formación y Servicios, S.C.G.

c) Importe neto: 160.000 €, importe IVE (21 %): 33.600 €. Importe total: 193.600 €.

d) Data de formalización do contrato: 22 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote nº 2: auditoría da marca de calidade.

a) Data da resolución de adxudicación: 25 de febreiro de 2016.

b) Adxudicataria: Bureau Veritas Iberia, S.L.U.

c) Importe neto: 70.200 €, importe IVE (21 %): 14.742 €. Importe total: 84.942 €.

d) Data de formalización do contrato: 22 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar