Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2016/44-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTA Paraños-Baldomar.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.397 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES01066 da liña principal O Ceo-Covelo-Ermida e final no apoio 4ES01077 da citada liña. A instalación está situada en Paraños e Santa Cruz de Baldomar, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra