Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal da Illa de Arousa.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Primagás Energía Distribución, S.A.U.

Data da solicitude

4 de marzo de 2016

Contido da solicitude

Autorización administrativa previa

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural alimentada desde unha planta de GNL

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa previa de distribución de gas natural no termo municipal da Illa de Arousa

Núcleo de poboación da rede

A Illa de Arousa (Pontevedra)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Primagás Energía Distribución, S.A.U.

• A empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa concorrente cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas