Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2016/249-1).

Expediente: IN407A 2016/249-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CT rúa Marina.

Concello: Betanzos.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,123 km, coa orixe en empalmes que se van realizar no tramo da liña BEG704 entre CS Estación (15CKH9) e o CT Marina (15S530), condutor tipo RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT Marina (15S530), despois de realizar entrada e saída no CT rúa Marina, nº 2 (proxectado).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 28 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña