Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Quintela, do concello de Redondela.

Unha vez informada favorablemente a proposta de deslinde con fincas particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Quintela, concello de Redondela, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o 6 de xuño ás 10.00 horas para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar de Lavadeiro da Coutada.

Emprázanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte deste e os lindeiros que desexen comparecer, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no Multiúsos da Xunqueira, Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela, indicando deslindamento de Quintela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 4 de abril de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra