Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento do Plan de banda larga 2020 da Comunidade Autónoma de Galicia no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020 (expediente 1/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga fixa e sen fíos, así como a definición de novas actuacións e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso destas redes e o soporte e atención aos axentes interesados, todo isto dentro do Plan de banda larga 2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.1.2016.

DOUE: 31.12.2015.

BOE: 4.1.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.370.920,32 € (un millón trescentos setenta mil novecentos vinte euros con trinta e dous céntimos), distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes fixas do Plan de banda larga 2020 e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda: 497.629,44 €.

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes sen fíos e análise do estado do Plan de banda larga en Galicia 2020: 873.290,88 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 623.145,60 €, máis 130.860,57 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 754.006,17 €, distribuíndose nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes fixas do Plan de banda larga 2020 e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda: 226.195,20 € + IVE (47.500,99 €) = 273.696,19 €.

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes sen fíos e análise do estado do Plan de banda larga en Galicia 2020: 396.950,40 € + IVE (83.359,58 €) = 480.309,98 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

1. Lote 1: 10.3.2016.

2. Lote 2: 3.3.2016.

b) Data de formalización do contrato:

1. Lote 1: 5.4.2016.

2. Lote 2: 5.4.2016.

c) Contratista:

1. Lote 1: Everis Spain, S.L.U.

2. Lote 2: IDOM Ingeniería y Consultoría, S.A.U.

d) Importe de adxudicación:

1. Lote 1: 248.098,40 € (IVE incluído).

2. Lote 2: 446.698,51 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia