Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14701

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de marzo de 2016 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Advertido erro na devantida orde, publicada no DOG núm. 60, do 30 de marzo de 2016, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 11453, anexo II, onde di:

«1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira».

Debe dicir:

«1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionaria/o».