Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14461

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 29 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 303834

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso 2010/11 ou posterior.

Segundo. Obxecto

Bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid coa finalidade de contribuír ao estudo e investigación da proxección e relación da cultura galega, especialmente no mundo francófono.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Cuarto. Contía

Estas bolsas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, por un importe total de seis mil euros (6.000,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega