Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0218/2016-PRE e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0218/2016-PRE e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 11 de abril de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0218/2016-PRE.

Persoa interesada: Carlos Bremón Ortega.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Sánchez Calviño, 70-76, 7º B, O Ferrol.

Expediente: PSC-CO-0251/2016-PPM.

Persoa interesada: Ramón López del Río.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Rosa, s/n, Lugo.

Expediente: PSC-CO-0269/2016-PPM.

Persoa interesada: Marco Antonio Anido Castiñeira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pintor Luís Seoane, 48, 2º, Lugo.

Expediente: PSC-CO-0281/2016-ORS.

Persoa interesada: Manuel Fernández García.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rolda Monte Alto, 22, 8º A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0287/2016-PPM.

Persoa interesada: Jéssica Hernández González.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Salgueiriños de Abaixo, 15 B, 2º C, Santiago de Compostela.

Expediente: PSC-CO-0302/2016-PRE.

Persoa interesada: Borja Piñeiro Rico.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Ortigueira, 5 B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0310/2016-PPM.

Persoa interesada: José Joaquín Lojo Besada.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: As Rubas, s/n, A Illa de Arousa.

Expediente: PSC-CO-0312/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Gorrita González.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Birloque, 3, portal 3, 3º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0313/2016-PPM.

Persoa interesada: Marcos Sande Barbeito.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: travesía Pastoriza, 82, Arteixo.

Expediente: PSC-CO-0346/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Ángel Vidal Rios.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Atalaia, 9, A Pobra do Caramiñal.