De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 15320003/2016. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmaselle á interesada de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
Expediente: 15320003/2016
Interesada: Madeiras Maripele, S.L.
Último enderezo coñecido: avenida de Castilla, 56, 2º A, Verín (Ourense).
Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.