De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 30 de marzo de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-007/16.
Nome: María Sabrina Santana Suárez.
Enderezo: rúa Conde Torrecedeira, 73, 4º A, 36202 Vigo.
Asunto: requirimento de pagamento.
Débeda: 934,14 €.
Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímola para o pagamento de dez recibos de alugamento por un importe total de 573,50 €, un recibo do IBI fraccionado por un importe total de 268,13 € (catro recibos de 50 € e un de 68,13 €) e un recibo da taxa de auga e lixo de 92,51 €, relativos á vivienda que ten adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 1.1.2014 e o 1.1.2016, ambos os dous incluídos.
Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigacións, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que estime convenientes.
Advertímola de que, no caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.