Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/118 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. Este prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o prazo de dez (10) días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 31 de marzo de 2016

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2015/118

Adina Mustafa

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/148

Razvan Roua

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/179

Gheorghe Murariu

Constantín Adrián Cirlan

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/029

Alexandru Baltag Sali

Mirela Matei

Iniciación do procedemento sancionador