1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 25/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de cableames estruturados de comunicacións para a mellora das redes de área local nos edificios conectados á Rede corporativa da Xunta de Galicia. Empregará principalmente tecnoloxía de cableado de fibra óptica 0M4 e cableado de rede de par trenzado categoría 6 e categoría 6A.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante dous anos contados a partir da data da súa formalización.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado: o valor estimado do acordo marco é de 2.975.206,62 € (dous millóns novecentos setenta e cinco mil douscentos seis euros con sesenta e dous céntimos).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25915
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 13 de maio de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Enderezo: Edificio CINC; Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 14 de abril de 2016.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia