Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación da xestión enerxética prestacional e o mantemento de instalacións e equipamentos, mediante procedemento aberto (expediente MS-EIV1-16-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo mixto.

b) Descrición: xestión enerxética prestacional e mantemento de instalacións e equipamentos dependentes da EOXI de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: 24 meses, desde a data indicada no contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 09310000-5, 09123000-7, 34913000-0 e 50530000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 12.164.979,50 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 5.792.847,38 €, IVE: 1.216.497,95 €. Importe total: 7.009.345,33 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do día 5.5.2016.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 4.4.2016.

Vigo, 4 de abril de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo