Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de abril de 2016 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición da legalidade urbanística interposto no expediente COR/082/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 15 de marzo de 2016, ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 28 de maio de 2015, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de reposición da legalidade de referencia confirma, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Enrique López López e a Mª Esther Martínez Figueiras, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística