Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cuetrans, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cuetrans, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 2 de marzo de 2016, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é: estrada de Lugo-Monforte, km 5, Nadela, concello de Lugo, provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego