Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14100

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), que se indican no anexo, cun importe total de 371.357,57 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2016.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do Programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración socio laboral das persoas pertencentes a colectivos mais vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral e eviten, pola súa vez, a discriminación múltiple».

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

NIF

Solicitante

Importe concedido

SI431A 2016/1

G70390745

Asociación Centinelas

42.881,80 €

SI431A 2016/2

G84913946

Fundación de Solidariedade Amaranta

17.597,90 €

SI431A 2016/3

R1500092J

Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor de Ferrol

36.600,14 €

SI431A 2016/4

G27021120

Aliad Ultreia

20.090,88 €

SI431A 2016/5

R3200098F

Cáritas Diocesana de Ourense

14.892,49 €

SI431A 2016/6

R1500053B

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

70.000,00 €

SI431A 2016/7

Q2866001G

Cruz Vermella Española Galicia

18.540,90 €

SI431A 2016/8

G27728658

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

50.352,87 €

SI431A 2016/9

G15354483

ONG Ecos do Sur

28.465,46 €

SI431A 2016/10

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (APICO)

5.705,00 €

SI431A 2016/11

G79408852

Médicos do Mundo

66.230,13 €

Total

371.357,57 €