Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 15/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 15/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Nuno dos Santos Esperanço contra UTE Urzaiz Soutomaior e Regal Tempo, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución en que se acorda:

a) Declarar o executado Regal Tempo, S.L. en situación de insolvencia por importe de 1.006,70 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza