Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica unha resolución do procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co FEP e xestionadas por esta dirección xeral, no marco da medida 2.3 Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Pescados Juan Fernández, S.L.

NIF: B15301740.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/044-1.

Acto de notificación: resolución de procedemento de reintegro do 2 de xullo de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro parcial da subvención.

Último enderezo coñecido: porto pesqueiro. Aguiño. 15965 Ribeira. A Coruña.