Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 13929

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 21 de decembro de 2015, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI427A).

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 248, do 30 de decembro), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2016 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 12.3 das bases reguladoras, a notificación individual de todas as resolucións poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 10.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante, logo da aplicación do establecido no artigo 5.6 das bases reguladoras, por un importe total de 1.777.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe

05.11.313B.481.2

2015 00142

1.777.500,00

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «a loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral e eviten, pola súa vez, a discriminación múltiple».

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 9.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 12.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non o comunicar no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Quinto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación de gasto.

Sexto. De conformidade co artigo 16.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da completa xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 21 de decembro de 2015.

Sétimo. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 15.1 das bases reguladoras, é o 8 de outubro de 2016.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) 1304/2013, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016.

Oitavo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 17 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamentan a concesión da subvención dentro do período e dos prazos establecidos na Resolución do 21 de decembro de 2015, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado que permita unha pista de auditoría suficiente, respecto dos ingresos da axuda percibida, dos custos directos de persoal e dos gastos de publicidade, así como conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes durante un período de tres anos, que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas perante á Comisión Europea. Esta data publicarase oportunamente no Diario Oficial de Galicia.

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo, e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo FSE, así como dos obxectivos dos fondos, e que deberán figurar os emblemas como mínimo en todo o material e documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias.

– Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa consignación deberá respectarse o principio de integridade dos datos. Os datos de execución relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse ao momento inmediatamente anterior á súa participación no programa e cubriranse durante o desenvolvemento da actuación; nas catro semanas seguintes á finalización do programa deberán cubrirse os indicadores de resultado inmediato, que se deberán facilitar no período de xustificación da correspondente subvención consonte os modelos dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que remate esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

– Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal, en concreto, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. Os datos de carácter persoal das persoas usuarias ou participantes nas actuacións subvencionadas incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal da Secretaría Xeral da Igualdade a que se refire o artigo 26 das bases reguladoras. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos de carácter persoal, e a entidade beneficiaria da axuda será a responsable de recadar e custodiar a dita documentación.

– Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas con Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e no seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 19 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Noveno. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I
Concesións

Nº expediente

SI427A

Solicitante

NIF

Denominación do programa

Nº horas totais imputadas

Gasto subvencionable

(€)

Puntos

Importe da concesión

(€)

2016/000001-0

Asociación Alar Galicia

G15775901

Súmate 2015-2016: programa integral de apoio a mulleres monoparentais

2.906

57.015,72

49

55.591,47

2016/000002-0

Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia - Feafes Galicia

G15545353

Atención a mulleres con enfermidade mental en situación de vulnerabilidade

2.838

55.681,56

73

55.681,56

2016/000003-0

Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

PIMD RURAL: programa de intervención para mulleres vulnerables con diversidade funcional no medio rural

3.100

60.822,00

81

60.822,00

2016/000004-0

Asociación pola Igualdade e a Coeducación - Apico

G94088549

Programa Apico 2015/2016: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero

1.500

29.430,00

41

20.790,00

2016/000005-0

ONG Mestura

G15940414

Programa Neneiras

2.116

41.515,92

49

41.515,92

2016/000006-0

Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia - Afammer

G32282584

Programa Nansa

562

11.026,44

25

11.026,44

2016/000007-0

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

R3600368I

Proxecto Agarimo

3.010

59.056,20

58

59.056,20

2016/000008-0

Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

3.010

59.056,20

68

59.056,20

2016/000009-0

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da síndrome de Down e discapacidade intelectual

860

16.873,20

62

16.873,20

2016/000010-0

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Reinvéntate - programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

746

14.636,52

53

14.636,52

2016/000012-0

Fundación Érguete - Integración

G36861078

Incorporación sociolaboral de mulleres en contexto penitenciario

2.000

39.240,00

77

39.240,00

2016/000013-0

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.075

21.091,50

67

21.091,50

2016/000014-0

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

1.075

21.091,50

52

21.091,50

2016/000015-0

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención ás mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

970

19.031,40

65

19.031,40

2016/000016-0

Asociación Xarela Formación Animación

G32261307

Valor-es

1.150

22.563,00

63

22.563,00

2016/000017-0

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

G32362279

Servizo de apoio ás mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

968

18.992,16

69

18.992,16

2016/000018-0

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Actívate

820

16.088,40

32

16.088,40

2016/000020-0

Asociación Diversidades

G27783950

AM DREPTURI

720

14.126,40

41

14.126,40

2016/000021-0

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer TEMPUS

G15681000

Daphe. Programa de busca de emprego, formación para a integración laboral e conciliación da vida familiar e laboral

240

4.708,80

12

4.708,80

2016/000022-0

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

4.860

95.353,20

61

70.000,00

2016/000023-0

Asociación Puntodelas - Secretaría das Mulleres

G70370119

Puntodelas

4.690

92.017,80

57

70.000,00

2016/000024-0

Asociación de Ayuda al Toxicómano Érguete

G36642726

Programa de intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres privadas de liberdade - Mírate

2.280

44.733,60

77

44.733,60

2016/000025-0

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

Mellora as túas posibilidades de emprego

348

6.827,76

47

6.827,76

2016/000026-0

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela

G27441153

P.R.I.A.P.E. para mulleres en situación de vulnerabilidade: muller, o teu traballo, a túa liberdade

3.096

60.743,52

59

60.743,52

2016/000027-0

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense - Femuro

G32237869

Femuro concilia e emprega

2.366

46.420,92

74

46.420,92

2016/000028-0

ADICAM. Asociación de Diagnosticados/as de Cancro de Mama

G36380301

Apoio integral fronte ao cancro

917

17.991,54

34

17.991,54

2016/000029-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Programa de recursos integrais para mulleres vítimas de violencia de xénero ou en risco de sufrila

3.800

74.556,00

61

70.000,00

2016/000030-0

Asociación de Ayuda a la Vida - Ayuvi

G36802536

Ti podes

2.346

46.028,52

59

42.190,84

2016/000031-0

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes ou con nenos/as menores de dous anos

1.720

33.746,40

66

33.746,00

2016/000032-0

Asociación E-Deidades

G27431873

E-Deidades busca de emprego 3.0

280

5.493,60

25

5.493,60

2016/000033-0

Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo – Aelu

G27105220

Lanzadeira AELU: apoio ao autoemprego e iniciativas emprendedoras a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

840

16.480,80

48

16.396,56

2016/000034-0

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller

2.865

56.211,30

35

41.829,96

2016/000035-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia - UGT Galicia

G15383011

Servizo de atención a mulleres

2.156

42.300,72

34

31.482,94

2016/000036-0

Acadar - Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Programa EMERXE. Servizo de atención personalizada e especializada a mulleres con discapacidade

1.290

25.309,80

73

25.309,80

2016/000037-0

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade - COGAMI

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

4.358

85.503,96

57

70.000,00

2016/000038-0

Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia

G15258213

Programa educativo-terapéutico para a inserción sociolaboral de mulleres drogodependentes

1.125

22.072,50

60

22.072,50

2016/000039-0

Fundación Mujeres

G80974702

Programa para o emprego e emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade

553

10.849,86

20

10.849,86

2016/000040-0

Asociación de Empresarias de A Coruña

G15156573

Avanzadas Coruña

860

16.873,20

28

16.873,20

2016/000041-0

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais

900

17.658,00

47

17.658,00

2016/000042-0

Aliad Ultreia

G27021120

Tecendo futuro

705

13.832,10

60

13.827,01

2016/000043-0

Asociación Penitenciaría Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres afectadas por procesos xudiciais

1.952

38.298,24

59

38.298,24

2016/000044-0

Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade con enfermidade mental

2.431

47.696,22

75

47.696,22

2016/000045-0

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Programa de fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down na provincia de Lugo

1.505

29.528,10

48

29.528,10

2016/000046-0

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompañamento social a mulleres en situación de exclusión social

1.720

33.746,40

42

33.746,40

2016/000049-0

Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral a mulleres con discapacidade intelectual ou síndrome de Down para favorecer a súa inclusión

108

2.118,96

58

2.118,96

2016/000050-0

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Proxecto Nais 2016

693

13.596,66

61

13.596,66

2016/000051-0

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

510

10.006,20

22

10.000,00

2016/000052-0

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Senectus

500

9.810,00

22

9.810,00

2016/000053-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

2.314

45.400,68

59

45.400,68

2016/000054-0

Asociación Xuvenil Integrados

G15973357

Servizo de formación e integración para mozas con discapacidade intelectual

830

16.284,60

36

15.520,00

2016/000055-0

Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

OIGO: programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural

420

8.240,40

31

8.240,40

2016/000056-0

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres discapacidade e maltrato 2016

1.500

29.430,00

46

29.430,00

2016/000057-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

Ti podes

720

14.126,40

68

14.126,40

2016/000058-0

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia - Faxpg

G15068091

Recursos especializados de atención a mulleres xordas - Santiago e Vigo

937

18.383,94

61

18.383,94

2016/000059-0

ONG Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais IV

2.780

54.543,60

71

54.543,60

2016/000060-0

Viraventos

G70136429

A.S.I. Proxecto para o acompañamento social integral a mulleres inmigrantes con fillos/as de 0 a 3 anos en situación ou risco de exclusión social

960

18.835,20

52

18.835,20

2016/000061-0

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

910

17.854,20

51

17.854,20

2016/000062-0

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

2.753

54.013,86

68

54.013,00

2016/000063-0

Asociación Berenguela pola Igualdade

G70154794

Imaxína-as

256

5.022,72

22

5.022,72

2016/000064-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

Recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

250

4.905,00

44

4.905,00

ANEXO II
Solicitudes denegadas e desistidas

Nº expediente

SI427A

Solicitante

NIF

Programa

Causa inadmisión/denegación

2016/000011-0

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2015/2016

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido.

2016/000019-0

Asociación Érguete Baixo Miño

G36124279

Empoderamento feminino cara a incorporación social e laboral 2016

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non consta a inscrición da entidade na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

2016/000047-0

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Programa Concepción Arenal

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido.

2016/000048-0

Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste - Affinor

G70136841

Programa de empregabilidade para afectadas de fibromialxia

Artigo 9.1 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido.